Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 144

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de decembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral Técnica desta consellería, pola Orde do 30 de setembro de 2011 (DOG n.º 199, do 18 de outubro), de conformidade co establecido no artigo 29.2.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4.º do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral Técnica desta consellería anunciada pola Orde do 30 de setembro de 2011 (DOG n.º 199, do 18 de outubro).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza e a toma de posesión da praza adxudicada efectuaranse nos prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

NRP: 3328558657 A2059.

Apelidos e nome: Calvo Rodríguez, Rafael Alberto.

Subgrupo: C2.

Corpo/escala: corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

Código do posto: MRC020000015770001.

Denominación: secretario do secretario xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.