1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Tipo de contrato: obra.
d) Obtención de documentación e información:
1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:
– Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=24
– Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es
– A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, na rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es
– A copistaría Copynino, na rúa Feáns n.º 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.
2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto dos contratos.
a) Descrición e lugar de execución: abastecemento a núcleos de Valga. Valga (Pontevedra).
Número de expediente: OH.236.636.
Orzamento base de licitación: importe neto: 893.083,66 euros. Importe total: 1.053.838,72 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 45: xestión e distribución da auga (auga potable).
Prazo de execución (meses): doce (12).
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d e grupo K, subgrupo 8, categoría d.
b) Descrición e lugar de execución: actuacións de saneamento en San Martiño e As Testadas. Poio (Pontevedra).
Número de expediente: OH.336.987.
Orzamento base de licitación: importe neto: 854.151,98 euros. Importe total: 1.007.899,34 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual).
Prazo de execución (meses): doce (12).
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.
c) Descrición e lugar de execución: saneamento no núcleo de Cañás. Carral (A Coruña).
Número de expediente: OH.315.989.
Orzamento base de licitación: importe neto: 410.971,11 euros. Importe total: 484.945,91 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual).
Prazo de execución (meses): seis (6).
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.
d) Descrición e lugar de execución: saneamento nas Neves. As Neves (Pontevedra).
Número de expediente: OH.336.999.
Orzamento base de licitación: importe neto: 410.817,91 euros. Importe total: 484.765,13 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual).
Prazo de execución (meses): seis (6).
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Garantías exixidas.
a) Provisional: non se exixe en ningún dos contratos.
b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.
5. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: a exixida para cada contrato.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, deberán acreditar a súa solvencia nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5.2. do cadro de características do contrato.
6. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 17 de febreiro de 2012.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.
c) Lugar de presentación: no Rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
7. Apertura das ofertas.
a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo, localidade e código postal: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, na rúa Doutor Maceira n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) A data e a hora: a apertura en acto público do sobre B será o 29 de febreiro de 2012, ás 10.00 horas, e a apertura do sobre C terá lugar na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou por calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous (2) días hábiles de antelación á súa realización.
8. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para ser adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.
9. Outras informacións.
Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no punto 2 anterior está cofinanciado polo Feder nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3. Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.
CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características de cada contrato.
Valor estimado de cada contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
Melloras: admítense nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificaráselles esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
Publicidade de resultados: as datas e os resultados da apertura dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.
Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares e na Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.
Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos