Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 16 de novembro de 2011, da Xerencia do Hospital do Salnés, pola que se notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que, segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 160/2010, do 23 de setembro (DOG n.º 188, do 29 de setembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 986 56 80 53.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Vilagarcía de Arousa, 16 de novembro de 2011.

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo do Hospital do Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Portas González, José Manuel

035409038D

Luis Cuevas, Leslie

003151454V

Luis Demetrio, Antonio

048307442J

Moreira dos Santos, Liliane

X07943319Q

Ricart Vilas, David

035471287C

Gómez César, Juan

035451573V

Rodríguez Piñeiro, José

050832873K

Chantada Argibay, Adolfo

035459255V

Coello Carrero, Miguel

035467390X

Gómez Remesar, Juan

052471841D

Barli, Rinaldo

X08031889J

Martínez Moeyra, Francisco Carlos

035627616H

Rey Oubiña, Ramón

035452363W

Fernández García, Noelia

047876797C