Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 40936

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de decembro de 2011 pola que se incrementa a dotación orzamentaria das axudas incluídas no contrato de explotación sustentable, da Orde do 22 de febreiro de 2010 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2010.

A Consellería do Medio Rural na Orde do 22 de febreiro de 2010, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2010 (DOG do 26 de febreiro), estableceu a normas para a solicitude, tramitación e concesión, entre outras, das axudas relativas ao benestar dos animais establecidas no marco do contrato de explotación sustentable (CES).

Na disposición adicional primeira da dita orde prevese a concesión con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Consellería do Medio Rural conforme os orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2010 na aplicación 13.90.712B.772.1:

No seu parágrafo 3 sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar, se for procedente, tramitando o expediente de modificación de crédito oportuno.

Coa finalidade de poder aprobar solicitudes das axudas especificadas no título III da orde, relativas ás axudas agroambientais establecidas no marco do CES, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e xestionadas polo Fondo Galego de Garantía Agraria, e posto que a dotación orzamentaria actual resulta insuficiente, cómpre mediante esta orde incrementar a dotación orzamentaria consignada.

En consecuencia, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Increméntase o importe consignado na disposición adicional primeira, parágrafo 1, alínea b), guión segundo, da Orde do 22 de febreiro de 2010 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas, que queda redactado como segue:

Aplicación 13.90.712B.772.1: para as axudas previstas nas medidas agroambientais, por importe de trescentos trinta e nove mil douscentos setenta e dous euros con oitenta e nove céntimos (339.272,89) no ano 2011.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural