Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. rúa Álvaro Cunqueiro-Sobradelo 9.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 83 metros de lonxitude, con orixe e final na L.M.T. existente VAR810 (IBESCAS), entre os C.T. Porto Rei 3 e urbanización Piñeiriño, unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, 20 kV/400-230 V, situado na rúa Álvaro Cunqueiro, Vilagarcía de Arousa.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 5 de decembro de 2011.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra