Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG n.º 155, do 13 de agosto de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:
– Na páxina 14708, no punto primeiro do resolvo, onde di:
«Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.08; e convocar para 2010 o dito réxime de axudas en réxime de concorrencia non competitiva”.
Debe dicir: «Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 2; e convocar para 2010 o dito réxime de axudas en réxime de concorrencia non competitiva».
– Na páxina 14710, no artigo 2.4, onde di:
«A subvención aos investimentos estará cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.08 e están sometidos …».
Debe dicir: «A subvención aos investimentos estará cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 2 e están sometidos ...».
– Substitúese o anexo I, de instancia de solicitude de axuda, polo que se publica con esta corrección de erros.