Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011, da Xerencia do Hospital da Costa, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto do contrato administrativo especial para a explotación da cafetaría-comedor do Hospital da Costa (AB-HCC1-11-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital da Costa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación.

2) Enderezo: R/ Rafael Vior, s/n.

3) Localidade e código postal: 27880 Burela, Lugo.

4) Teléfono: 982 58 99 56/982 58 97 25.

5) Fax: 982 58 99 86.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-HCC1-11-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: explotación da cafetaría-comedor do Hospital da Costa.

c) División por lotes e número: un único lote.

d) Lugar de execución: Hospital da Costa.

e) Prazo de execución: 4 anos desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: ver pregos.

g) CPV: 55330000-2, 55510000-8.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

d) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntuación

Prezo produtos

Prezo menú do día

Canon ofertado

Calidade menús e produtos

Melloras

Distribución funcional

0-10

0-10

0-30

0-40

0-8

0-2

4. Orzamento base de licitación: canon base: 5.000,00 € (anual).

5. Garantías exixidas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: ver cláusula 6.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do contrato no DOG e antes das 14.00 h.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Hospital da Costa (ver punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Hospital da Costa, r/ Rafael Vior, s/n

b) Localidade e código postal: Burela (Lugo) 27880.

c) Data e hora: a apertura dos SOBRES B e C publicarase no perfil do contratante www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: ver pregos.

Burela, a 24 de novembro de 2011.

José Insua Pernas
Director xerente do Hospital da Costa de Burela