Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38646

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de decembro de 2011 pola que se nomea os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, en execución da sentenza do 13 de xullo de 2011 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario número 325/2009.

Con data do 13 de xullo de 2011 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza no procedemento ordinario núm. 325/2009, sobre recoñecemento de dereito, seguido por instancia de Ana María Freire Pérez.

O ditame da dita sentenza consistiu no seguinte pronunciamento:

«Estimar a pretensión subsidiaria do recurso contencioso-administrativo interposto por Ana María Freire Pérez contra a Resolución do 21 de abril de 2008 do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, cuxa anulabilidade declaramos.

Declarar o dereito da recorrente a realizar o cuarto exercicio das citadas probas selectivas, coas consecuencias inherentes á súa eventual superación e co alcance indicado nos fundamentos de dereito».

Unha vez firme a sentenza, a Dirección Xeral da Función Pública dispuxo a súa execución nos seus propios termos de conformidade cos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De acordo co exposto, co obxecto de proceder á execución da sentenza, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) escala de subinspectores de consumo, coa composición que figura no anexo, e adoptar as resolucións subseguintes que procedan para a execución da sentenza do 13 de xullo de 2011 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario núm. 325/2009.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

ANEXO

Tribunal titular:

Presidencia: Fernando Jorge Mora.

Vogais:

Beatriz Allegue Requeijo.

Alfonso Diéguez García.

Alexandre Prieto Giráldez.

Secretaría: María de los Angeles Vázquez Suárez.

Tribunal suplente:

Presidencia: Isabel Torralba Mena.

Vogais:

Juan Ramón Costas Núñez

José Manuel González Gómez

Alfondo Diz Diéguez

Secretaría: Pablo Crego Gil.