Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 18 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-001/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 18 de novembro de 2011.

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-001/11.

Nomes: Agustín Puentes López e Gloria Fernández Lago.

Enderezo: avenida de Castelao, núm. 23, portal 3, 2.º I, Ponteareas, Pontevedra

Asunto: notificación da proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-001/11.

Recursos: notifíqueselles a presente proposta aos interesados facéndolles saber o seu dereito a formular alegacións así como a presentar os documentos e xustificantes que consideren convenientes, nun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da notificación desta proposta.

Igualmente, ponse no seu coñecemento que a partir deste momento poderán acceder ao contido do expediente nestas dependencias administrativas e que poden obter copias dos documentos que constan nel, ao abeiro do establecido nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, e concédeselles un prazo de quince días, para formular alegacións e presentar os documentos e información que consideren pertinentes.