Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 29 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-040/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato e lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 29 de novembro de 2011.

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-040/08.

Nomes: Cándido Cortegoso Rey e Mercedes Pérez Hermida.

Enderezo: rúa Alemania, núm. 59, bloque F, soto A, Monte Porreiro, Pontevedra.

Asunto: resolución de contrato e lanzamento da vivenda.

Indicación do contido: acórdase a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda contra Cándido Cortegoso Rey e demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-82/080, conta 41.

Recursos: de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes que se contará a partir do seguinte ao da notificación desta resolución.