Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de transporte de cadáveres que requiran a práctica de autopsias, necropsias e probas de investigación forense que debe realizar o Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque n.º 1, 2.º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 546 228 e información de índole administrativa 981 544 517 e 981 957 349.

5. Telefax: 981 544 239.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17059

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SEXU 15 a 25-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de transporte de cadáveres que requiran a práctica de autopsias, necropsias e probas de investigación forense que debe realizar o Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) dependente da Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: once.

Lote 1: Área territorial correspondente á Dirección do IMELGA en Santiago.

Lote 2: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA na Coruña.

Lote 3: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Ferrol.

Lote 4: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Lugo, área da capital.

Lote 5: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Lugo, área de Burela.

Lote 6: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Lugo, área de Monforte de Lemos.

Lote 7: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Ourense, área capital.

Lote 8: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Ourense, área Valdeorras.

Lote 9: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Ourense, área de Verín.

Lote 10: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Pontevedra.

Lote 11: Área territorial correspondente á Subdirección do IMELGA en Vigo.

d) Lugar de execución: en cada unha das áreas indicadas no punto anterior.

e) Prazo de execución: doce meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33940000-1. Equipamento e material para o transporte e depósito de cadáveres. 33970000-0. Equipamento e material para cadáveres. 33972000-4. Bolsas para cadáveres.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 459.259,26 € (IVE excluído) (valor inicial máis as posibles prórrogas).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 229.629,63 €.

IVE (8 %): 18.370,38 €.

Importe total: 248.000,01 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 38.518,52 €. Importe IVE (8%): 3.081,48 €. Total: 41.600,00 €.

Lote 2: importe neto: 34.814,81 €. Importe IVE (8%): 2.785,18 €. Total: 37.599,99 €.

Lote 3: Importe neto: 23.703,70 €. Importe IVE (8%): 1.896,30 €. Total: 25.600,00 €.

Lote 4: importe neto: 18.518,52 €. Importe IVE (8%): 1.481,48 €. Total: 20.000,00 €.

Lote 5: importe neto: 7.407,40 €. Importe IVE (8%): 592,59 €. Total: 7.999,99 €.

Lote 6: importe neto: 5.185,19 €. Importe IVE (8%): 414,82 €. Total: 5.600,01 €.

Lote 7: importe neto: 22.222,22 €. Importe IVE (8%): 1.777,78 €. Total: 24.000,00 €.

Lote 8: importe neto: 3.703,71 €. Importe IVE (8%): 296,30 €. Total: 4.000,01 €.

Lote 9: importe neto: 3.703,71 €. Importe IVE (8%): 296,30 €. Total: 4.000,01 €.

Lote 10: importe neto: 23.703,70 €. Importe IVE (8%): 1.896, 30 €. Total: 25.600,00 €.

Lote 11: importe neto: 48.148,15 €. Importe IVE (8%): 3.851,85 €. Total: 52.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de licitación, IVE excluído, en caso de baixa desproporcionada terá que constituírse unha garantía do 10% do importe de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 544 239.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, bloque 1, 2.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12:00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza