Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38369

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (333/2011) de aclaración de sentenza.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 333/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Manuel Amado Martínez contra a empresa Lorenvar, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nestes autos con data do seis de xullo de dous mil once no sentido de que onde di: «Marcos Manuel Amado Martín», debe dicir: «Marcos Manuel Amado Martínez», manténdose integramente os restantes pronunciamentos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asínoo. A maxistrada-xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

Advírteselle á destinataria, a empresa Lorenvar, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de agosto de 2011.

A secretaria xudicial