Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de recurso de alzada de expediente sancionador (PESAN1 2010/000653-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución de recurso de alzada do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Vigo; r/ Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2010/000653-5.

Denunciado: Juan José Muñiz Álvarez.

DNI: 76868923W.

Enderezo: avda. Alexandre Bóveda, 39-4.º A, O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.A.1, 137.B.3, 137.B.4.

Sanción: 22.003 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), o importe da dita sanción deberá ser aboada nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita Xefatura Territorial da Consellería do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpre os requisitos previstos no artigo151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderá solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza desta resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de se ater ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 2 de decembro de 2011.

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo