Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 19 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador a Granitos Almansa, S.L.

Ante a imposibilidade da súa notificación, por medio desta cédula notifícase a Granitos Almansa, S.L., a incoación de expediente sancionador do 28 de xuño de 2011.

Comunícaselle que o devandito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na área xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5.ª planta de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos xulgue convenientes e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

No caso de non presentar alegacións, no prazo sinalado, o acordo poderá considerarse proposta de resolución.

O presunto responsable poderá recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade e a partir dese momento poderá adoptarse a correspondente resolución coa imposición da sanción que corrresponda.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 19 de outubro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra