Mediante a Orde do 12 de agosto de 2011 (DOG núm. 160, do 23 de agosto) establecéronse as axudas para o ano 2011 para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción a cal está dotada orzamentariamente cun importe de 40.000 euros.
Dado o número de solicitudes presentadas, e que a orde no seu artigo 5 prevé a posibilidade de incrementar a aplicación orzamentaria con fondos adicionais, amplíase por un importe de 1.050.000 euros.
En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e facendo uso das facultades que me confiren o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único.
A dotación orzamentaria prevista para as axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, convocadas para o ano 2011, de acordo coa Orde do 12 de agosto de 2011 (DOG núm. 160, do 23 de agosto), increméntanse no importe de 1.050.000 euros para o ano 2011, na aplicación orzamentaria 13.02.712B.7720 código de proxecto 2009-01303.
De acordo co anterior as anualidades quedan do seguinte xeito:
Aplicación orzamentaria 13.02.712B.7720 código de proxecto 2009-01303, para o ano 2011, un millón setenta mil euros (1.070.000 euros); e para o ano 2012, vinte mil euros (20.000 euros).
En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.
Disposición adicional.
Única. A ampliación e o reaxuste das anualidades previstas no artigo único desta orde non afectan o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 12 de agosto de 2011.
Disposición derradeira.
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.
Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural