Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38031

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias.

O Pleno desta corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de setembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«10. Aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Cedeira en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no chan, subsolo o voo das vías públicas.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Cedeira en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no chan, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral. A xestión obxecto de delegación, afectará tanto ao suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial de telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación, levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeneral coñecemento.

A Coruña, 18 de outubro de 2011.

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5-8-2011 Secretario da Deputación
A Vicepresidenta 2.ª Provincial de A Coruña