Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38029

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ACORDO de aceptación da ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Corcubión.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria celebrada o 16 de setembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«25. Aceptar a ampliación das delegacións de competencias tributarias do Concello de Corcubión en materia de recadación, voluntaria e executiva, da taxa pola entrada e saída de vehículos pola beirarrúa.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Corcubión en relación coa seguinte materia:

  • Recadación voluntaria e executiva da taxa pola entrada e saída de vehículos pola beirarrúa.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.»

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 3 de outubro de 2011.

Diego Calvo Pouso José Luis Almau Supervía

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial da Coruña Provincial da Coruña