Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de outubro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para unha granxa de polos de ceba, no Concello de Cualedro, da Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.C.G. (Clave 2011-IPPC-M-42).

Con data do 30 de abril de 2008 outorgouse á Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.C.G. a autorización ambiental integrada para a granxa de polos de ceba da cal a entidade mercantil é titular no Concello de Cualedro, e estableceuse para ela unha vixencia de catro anos (número de rexistro 2007/0053_NAA/IPPC_153).

Conforme o estipulado no artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, esta autorización debe ser renovada. Con este fin, e para os efectos previstos no Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada polo titular para a renovación da autorización ambiental integrada. A documentación que se expón será:

– «Proxecto básico para a renovación da autorización ambiental integrada. Cooperativa Agroganadera de Seoane S.C.G. Explotación Avícola A Xironda. Cualedro-Ourense, xuño 2011».

Co fin de que se poida consultar a documentación e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que se consideren convenientes, a documentación estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 32003 Ourense).

– Concello de Cualedro (avda. de Portugal, 8, 32689 Cualedro).

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental