Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación e anticipado do gasto, para a adxudicación dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras públicas hidráulicas de saneamento de claves OH.315.986 e OH.336.983, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1.º Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=24

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

– A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, na rúa Doutor Maceira, n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/ 881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.eposh@xunta.es

– A copistaría Copybelén, na rúa Rosalía de Castro, n.º 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.

2.º Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: reparación do emisario de Punta Touro. Ribeira (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.986.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.599.822,84 euros. Importe total: 1.887.790,95 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual).

Prazo de execución (meses): dez (10).

Clasificación: grupo F, subgrupo 8, categoría e.

b) Descrición e lugar de execución: rede de sumidoiros en Caños de Moledo. Marín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.983.

Orzamento base de licitación: importe neto: 456.900,94 euros. Importe total: 539.143,11 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70%. Tema prioritario 46: tratamento da auga (auga residual).

Prazo de execución (meses): tres (3).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c e grupo G, subgrupo 6, categoría c.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil de contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe en ningún dos contratos.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a exixida para cada contrato.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, deberán acreditar as solvencias nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5.2. do cadro de características do contrato.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 6 de febreiro de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, na rúa Doutor Maceira, n.º 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B o 10 de febreiro de 2012 ás 10.00 horas e a apertura do sobre C terá lugar na data e hora que se notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase, no perfil de contratante con dous (2) días hábiles de antelación á súa realización.

8. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para ser adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no punto 2 anterior están cofinanciados polo Feder nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3.- Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos. Unha maneira de facer Europa.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características de cada contrato.

– Valor estimado de cada contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras: admítense nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil de contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil de contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

– Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares e na Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos