Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37865

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia, S.A.)

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011 pola que se anuncia a licitación do contrato harmonizado do servizo de operacións de conservación e mantemento das autovías AG-53 e AG-54.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI-Galicia, S.A.).

b) Dependencia que tramita o expediente. Departamento Administrativo-Financeiro.

c) Obtención de documentación e información: www.spigalicia.es

1) Dependencia: Departamento Administrativo-Financeiro.

2) Domicilio: praza de Europa, 10 A, 5.º, edif. Área Central, Polígono das Fontiñas.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4) Teléfono: 981 54 50 02.

5) Fax: 981 54 50 95.

6) Correo electrónico: donatoron@spigalicia.es

7) Enderezo da internet perfil de contratante: www.spigalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: 11 de xaneiro de 2012.

d) Número de expediente: ATAU110101.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de operacións de conservación e mantemento das autovías AG-53 e AG-54.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: Ourense.

1) Domicilio:

2) Localidade e código postal:

e) Prazo de execución: 44 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50000000.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: aberta.

b) Procedemento: contrato harmonizado.

c) Criterios adxudicación: véxase prego de cláusulas.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 6.206.957,14 euros.

IVE (18%): 1.117.252,29 euros.

Importe total: 7.324.209,43 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% da adxudicación agás IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo O, subgrupo 2, categoría d.

Solvencia económica, financeira, técnica e profesional, de ser o caso: véxase prego de cláusulas.

b) Outros requisitos específicos.

c) Contratos reservados: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 17 de xaneiro de 2012, ás 12.00 horas.

b) Modalidade de presentación: véxase prego.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI-Galicia, S.A.).

2) Domicilio: praza de Europa, 10 A, 5.º edif. Área Central, Polígono das Fontiñas.

3) Localidade e código postal: 15707 Santiago de Compostela.

4) Dirección electrónica: donatoron@spigalicia.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: praza de Europa, 10 A, 5.º edif. Área Central, polígono das Fontiñas.

b) Localidade e código postal: Santiago de Composela 15707.

c) Data e hora: 21 de febreiro de 2012, ás 10.00 horas.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 25 de novembro de 2011.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2011.

Ethel M.ª Vázquez Mourelle
Presidenta da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.