Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37684

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de decembro de 2011 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2010-2011, convocados pola Orde do 15 de xullo de 2011.

A Orde do 15 de xullo de 2011 (DOG do 29 de xullo) pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2010-2011, establece no seu artigo 11.2 que, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola comisión ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, establece que o Diario Oficial de Galicia recollerá a relación de códigos alfanuméricos dos premiados.

Unha vez publicada a relación provisional da proposta, cumprido o disposto no citado artigo 11.2 e vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección de adxudicación dos premios,

Na súa virtude, este conselleiro

RESOLVE:

Primeiro. Conceder os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2010-2011, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta resolución de adxudicación dos premios poderase impugnar mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Relación dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2010-11

Código persoal

Importe do premio

MINCXGOK

750 €

NPIQQJFJ

750 €

NWBBIOZS

750 €

IDQEHIMZ

750 €

IDWYRDOS

750 €

PSLEEBLR

750 €

YBTENCGR

750 €

OQPPQRSE

750 €

JLLDLWGQ

750 €

DJRSRNYZ

750 €

FLENAOWG

750 €

MUWXACTV

750 €

NUGHYLFO

750 €

QUQQMQMI

750 €

YLCSRSGQ

750 €

IBUUWSDN

750 €

PVJWRNWE

750 €

VQAVTXGV

750 €

FFAVJAVD

750 €

YOCKPCUB

750 €