Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do proxecto de expropiación por taxación conxunta da actuación dotacional n.º 6 do PEPRI Casco Vello, aprobación inicial (expediente 231/413).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de novembro de 2011, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta da área dotacional n.º 6 do PEPRI do Casco Vello, referido a 2,30 m² do predio sito na r/ Ferreira n.º 1, con referencia catastral 2764104NG2726s0001AH, e 15,00 m² do predio sito na r/ Abeleira Menéndez n.º 14, con referencia catastral 2764105NG2726S0001BH, segundo a descrición que consta na documentación elaborada pola Oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo (exp. 231/413).

Segundo. Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada aos propietarios da respectiva folla separada de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular as alegacións que coiden oportunas.

Terceiro. Instar do Rexistro da Propiedade n.º 5 de Vigo a práctica da anotación do inicio do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta de 2,30 m² do predio rexistral n.º 4628, sito na r/ Ferreira n.º 1, inscrito no tomo 1623, libro 1623, folio 197, alta 10; e de 15,00 m² do predio rexistral n.º 4627, sito na r/ Abeleira Menéndez n.º 14, inscrito no tomo 25, libro 25, folio 83, alta 7».

O expediente estará á disposición do público en xeral no Departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo (praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións coiden pertinentes na súa defensa, entendéndose o período de exposición pública desde a primeira publicación ata pasado un mes desde a última publicación.

Vigo, 24 de novembro de 2011.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos