Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37641

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública de obra e actividade para lavandaría e pasada a ferro de roupa (expediente 73589/421 e 38086/422).

Tintorería Mimos Navia, S.L. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de obra e licenza de actividade para lavandaría e pasada a ferro de roupa, que se situará na rúa das Teixugueiras (RU) n.º 11, local 19 (expedientes 73589/421 e 38086/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente á información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 19 de outubro de 2011.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos