Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de información pública sobre instalación de explotación leiteira.

Víctor Manuel Morlán Fuentes, en representación de Ganadería Morlán, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dunha explotación leiteira no lugar de Vilariño, parroquia de Trazo.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, poidan examinar o expediente no Concello de Trazo, casa consistorial, aquelas persoas que dalgún xeito se vexan afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Trazo, 20 de setembro de 2011.

José Dafonte Varela
Alcalde