Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 23 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica un requirimento de documentación incompleta, en relación cun procedemento competencia desta consellería, á empresa que se relaciona.

En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e no uso da competencia atribuída á Xefatura Territorial da Coruña, intentada a notificación no último domicilio do interesado, sen que esta se puidese efectuar, notifícase a empresa citada no anexo para que, no prazo máximo e improrrogable de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña (Salvador de Madariaga s/n), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoa de que, de non facerse así, se terá por notificada cos efectos que correspondan.

N.º de expediente: TR348A 2011/410-1.

Nome: Biundo & Salva, S.L.

DNI: B70279419.

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña