Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolucións dos recursos de alzada núm. 18/2011, 21/2011 e 25/2011 interpostos contra resolución pola que se autoriza expediente de regulación de emprego núm. 280/2011 da Xefatura Territorial de Vigo desta consellería.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo as resolucións recaídas nos recursos de alzada interpostos contra a resolución pola que se autoriza expediente de regulación de emprego núm. 280/2011, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

Faise saber que as ditas resolucións rematan á vía administrativa e os interesados poden formular contra elas, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresas

N.º expediente recurso
de alzada

Recorrentes

Data resolución direccion xeral

Resolución

Michel Thierry Unit Componentes Ibérica, S.L.

Michel Thierry Unit Componentes, S.L.

18/2011

Eva Ferreira Fervenza, en calidade de traballadora afectada

10.10.2011

Desestimatoria

Michel Thierry Unit Componentes Ibérica, S.L.

Michel Thierry Unit Componentes, S.L.

21/2011

Dolores Bugarín Codeseda, Rosa María Guillade Espiñeira, Florinda López de la Iglesia, María Lourdes Martínez González, Alicia Martínez Rodríguez, Marcelina Táboas Leiro e Luzdivina Vilaboa Rodríguez, en calidade de traballadoras afectadas.

10.10.2011

Desestimatoria

Michel Thierry Unit Componentes Ibérica, S.L.

Michel Thierry Unit Componentes, S.L.

25/2011

Mónica Novelle Barral, Rosa Ana Ferreira Durán, Sonia Reguera Zabaleta, Ana María Iglesias Portela, María Carmen Lorenzo Míguez, José Manuel Carballo Álvarez, Beatriz Collazo Novilla, María Carmen Pereira Comesaña, María Jesús Darroza Freire, Monserrat Pérez Álvarez, Carmen Dasilva Martínez, Hugo Jiménez Aguiar, María Hermitas Santos Pérez, María Consuelo Martínez de la Torre, Navia García Fernández, Cándida María Baqueiro Baqueiro, Alejandra Adán Táboas, María Sagrario Couto Darriba, Estrella Lusquiños Amoedo, Guadalupe Iago de Jesús, María Rosario Salgueiro Fernández, Concepción Lorenzo André, Pablo Alóns Pérez, María José Couñago Lago, Peregrina Pérez Blanco, María del Mar Pontes Gómez, María Teresa Pérez Rodríguez e Jesús Privado Soto, en calidade de traballadores afectados, representados por Iván Pérez Larrea do Gabinete Xurídico da CIG.

10.10.2011

Desestimatoria