Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2011/305-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Tecnología y Reciclaje de Materiales, S.L.

Domicilio social: lugar do Cebreiro, s/n, O Pino, 15821 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., ctro. seccto. e C.T. establcto. reciclaxe residuos plásticos.

Situación: explotación mineira Riotinto-Arinteiro. O Pino.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada desde entroncamento con rede de distribución de UDESA en L.M.T.A. Millares-Quión apoio con coordenadas UTM 556006-4747969 concello do Pino, ata o centro de seccionamento, condutor R.H.Z.1 12/20 kV 2OL de 3×(1×240) mm2, baixo tubo, 670 m. Centro seccionamento e medida, prefabricado. Liña de media tensión soterrada desde C.S. a C.T., condutor R.H.Z.1 12/20 kV 3×(1×95) mm2 Al. Baixo tubo, 20 m. Centro de transformación en obra de fábrica, transformador de aceite 20/0,42 kV, 1.000 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, plaza Luís Seoane, s/n, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 10 de novembro de 2011.

P.A. (Artículo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial