Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2011 Páx. 37535

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 21 de novembro de 2011 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes desta consellería.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia o día 29 de novembro de 2011, núm. 228, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 35192, punto 7.3, onde di: «As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo», debe dicir: «As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo».