Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37319

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2011, da Xerencia Executiva do Hospital Virxe da Xunqueira, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de Sección de Pediatría no Hospital Virxe da Xunqueira.

Convocada por Resolución do 5 de xullo de 2011 (DOG número 147, do 2 de agosto), a provisión dun posto de xefe de Sección de Pediatría no Hospital Virxe da Xunqueira, a xerencia executiva, de conformidade coas competencias atribuídas no artigo único da Orde do 28 de setembro de 2011, pola que se modifica a Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e en cumprimento da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde;

RESOLVO:

Primeiro. Dar por resolta a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de Sección de Pediatría, convocada por Resolución do 5 de xullo de 2011 (DOG do 2 de agosto).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Indicar que os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos. Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante. O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Cee, 14 de novembro de 2011.

Ramón Ares Rico
Xerente executivo do Hospital Virxe da Xunqueira

ANEXO

Denominación do posto: xefe de Sección de Pediatría do Hospital Virxe da Xunqueira.

Nome e apelidos: Isabel Quintela Fernández.

DNI: 33262236-G.