Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: r/ Doutor Fernández Vega 14, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T., C.T. Novoa.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z.1. de 172 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente Daniel Ojea e final no C.T. proxectado Novoa. Centro de transformación de 1.260 kVA (dous trafos de 630 kVA c/u), R.T. 20 kV/230-400 V, situado na rúa Amado Garra, Ponteareas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 11 de novembro de 2011.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra