Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4106/2011 e tres máis, interpostos contra o Decreto 20/2011 do Consello da Xunta de Galicia, do 10.2.2011, polo que se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos que se sinalan no anexo e interpostos contra o Decreto 20/2011 do Consello da Xunta de Galicia, do 10.2.2011, polo que se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, esta secretaría xeral técnica resolveu ordenar a remisión dos correspondentes expedientes ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos e se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Procedemento

Recorrente

P.O. 4106/2011

Grupo Empresarial Ence, S.A.

P.O. 4227/2011

Vicente Nogueira Santos

P.O. 4241/2011

Promociones Casais Piñeiro, S.L.

P.O. 4244/2011

Manuel Pallas Suárez e María Dolores Quintela Rodríguez