Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia (Alonso Couto, María Jesús e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por medio deste anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal, n.º 8, 3.º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 2 de decembro de 2011.

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

NIF/CIF

Órgano tramitador

Procedemento

Alonso Couto, María Jesús

36048461D

Servizo de Inspección Tributaria

Acordo de inicio-proposta de resolución por expediente sancionador 54/2011/00125, por infracción tributaria.

Imposto sobre sucesións.

Exercicio 2006.

Balcón da Xunqueira, S.L.

B36925683

Servizo de Inspección Tributaria

Acordo de inicio-proposta de resolución por expediente sancionador 54/2011/00128, por infracción tributaria.

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio: 2007.

Rodríguez Barandela, Clara Isabel

37222914J

Servizo de Inspección Tributaria

Acordo de inicio-proposta de resolución por expediente sancionador 54/2011/00093, por infracción tributaria.

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio: 2007.