Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se empraza a Jesús María Herrán Castaños para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, mediante este anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia do acto administrativo derivado do procedemento que se indica.

O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal n.º 8, 3.º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de decembro de 2011.

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

NIF/CIF

Órgano tramitador

Procedemento

Herrán Castaños, Jesús María

36025139-D

Servizo de Inspección Tributaria

Acordo de inicio-proposta de resolución 54/2011/00122 por expediente sancionador por infracción tributaria.

Imposto sobre sucesións.

Exercicio: 2004.