Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 28 de novembro de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2011 referente aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital para os anos 2011 e 2012.

Advertido un erro no citado anuncio, publicado no DOG n.º 237, do 14 de decembro, procédese á súa corrección.

Na páxina 36668, no título do anuncio, onde di: «ANUNCIO do 28 de novembro de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2011 referente aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital para os anos 2011 e 2012.», debe dicir: «ANUNCIO do 28 de novembro de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2011 referente aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR519A).».