De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante esta cédula a Rosario Pérez Novas o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 23 de setembro de 2010, que fixa o prezo xusto do predio número 89CO sito en Barro, relativo ao proxecto 00418, expediente 2009/005300, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2011.
Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00418-Modificado n.º 1. Acondicionamento da estrada PO-226 (antiga EP-0501). Treito: Moraña-Porráns. Clave: PO/01/096.01.M1.
N.º de expediente: 2009/005300.
Persoa que se notifica: Rosario Pérez Novas.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.
Expropiado: Rosario Pérez Novas.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.
Predio n.º: 89CO.
Concello: Barro.
Provincia: Pontevedra.
Valoración resolución do xurado: 75,60 €.