Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 14 de novembro de 2011 pola que se notifica o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de xullo de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 9 sito na Coruña, relativo ao proxecto 00714 (expediente 2009/005237).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a María Clementina López García o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 7 de xullo de 2011, que fixa o prezo xusto do predio número 9 sito na Coruña, relativo ao proxecto 00714, expediente 2009/005237, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2011.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00714-IV Treito da terceira rolda de circunvalación (Sistema Xeral Viario VG-D9.01 e VG-D9.02).

N.º de expediente: 2009/005237.

Persoa que se notifica: María Clementina López García.

Expropiante: Concello da Coruña.

Expropiada: María Clementina López García.

Beneficiario: Concello da Coruña.

Predio n.º: 9.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 44.164,35 €.