Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2011 pola que se notifica o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de xullo de 2010 mediante o que se resolve o recurso de reposición dos predios 12, 13, 14 e 17 sitos en Malpica de Bergantiños, relativo ao proxecto 00521 (expediente 2008/003328).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Joaquín Rodríguez Ferreira o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de xullo de 2010, mediante o que se resolve o recurso de reposición dos predios n.º 12, 13, 14 e 17 sitos en Malpica de Bergantiños, relativos ao proxecto 00521, expediente 2008/003328, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00521-Parque empresarial de Malpica de Bergantiños. Ref. 115A-07/04.

N.º de expediente: 2008/003328.

Persoa que se notifica: Joaquín Rodríguez Ferreira.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo (A Coruña).

Expropiado: Joaquín Rodríguez Ferreira.

Beneficiario: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

Predio n.º: 12, 13,1 4, 17.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: o xurado declárase incompetente para valorar (anúlase resolución anterior mediante a que se fixaba o prezo xusto).