Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública para actividade de tratamento de vidro para paneis solares.

Yolanda Cabaleiro Alonso, que representa a Vidrisol, S.L. solicitou neste concello licenza municipal de apertura para a actividade de tratamento de vidro para paneis solares na nave 1-3 da rúa 2C do sector C1 do polígono industrial deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que comezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 21 de novembro de 2011.

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde