Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37271

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO de convocatoria do XIX premio xornalístico Puro Cora.

O premio xornalístico Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en forma de artigos xornalísticos publicados, mostren unha alta consideración da solidariedade, a comprensión entre os homes e a defensa dos valores democráticos.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2012, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., rúa Ribadeo 5, 27002 Lugo.

Lugo, 16 de decembro de 2011.

Blanca García Montenegro
Presidenta