Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de novembro de 2011 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/98/2011.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o día 14 de novembro de 2011, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística n.º IU2/98/2011 polas obras consistentes na rehabilitación integral dunha vivenda unifamiliar con aumento de volume na planta baixo cuberta e aumento da liña de cornixa, e as obras de peche e de acceso á parcela sita no lugar de Sete Espadas s/n, Mogor, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra, no cal figura como executor das obras Jaime Martínez Calviño.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, por resultar o destinatario ausente na repartición de Correos, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística