Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro.

En cumprimento do disposto no número 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, na cal se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico, establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 22 de novembro de 2011, do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro (Ourense). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental