Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de cemiterio.

O Bispado de Lugo solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación do cemiterio parroquial de Santa Baia de Búbal. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Carballedo, 7 de novembro de 2011.

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde