Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre apertura e obra de aparcadoiro (104/10).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Gestión de Inmuebles de Cantabria, S.L., solicita licenza de apertura e obra de aparcadoiro no local sito na Estación de San Francisco, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que xulguen oportunas, e presentalas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de 20 días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 6 de outubro de 2011.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde