Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO de información pública de actividades suxeitas a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Hormigones Carral, S.L., solicita licenza de instalación temporal de planta de formigón, con localización no eixo de comunicación A-52-fronteira portuguesa, treito I: VAC A52-Celanova sur, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, e presentalas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Merca, 24 de novembro de 2011.

Manuel Jorge Velo Reinoso
Alcalde