Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre legalización de nave industrial.

Archivo 2000, S.A., solicitou unha licenza municipal para a legalización dunha nave industrial existente destinada á fabricación de artigos para oficina, situada na rúa Antonio Noriega Varela s/n, da parroquia de Almeiras. O expediente sométese á información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na Secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Culleredo, 11 de novembro de 2011.

P.D. (Resolución 22.6.2011; BOP n.º 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo