Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37116

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (30/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 30/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Félix Barreiro Hernández contra as empresas Movimiento de Mercancías, S.L.U., Red de Servicios e Implantaciones, S.L., e JVB, Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L.U., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Félix Barreiro Hernández contra a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada a que aboe unha indemnización de 13.864,99 euros máis 16.590 euros por salarios de tramitación, con absolución de JVC Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L.U., e Movimiento de Mercancías, S.L.U.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A Coruña, 23 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial