Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37113

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (626/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 626/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Blanco García contra a empresa Casona Coruña, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por José Luis Blanco García, DNI 47377409P, contra a empresa Casona Coruña, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento de 30.5.2011, e condeno a demandada a estar e pasar por tal declaración, e a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización cifrada en 2.554,47 euros; ademais, calquera que sexa o sentido da opción, a demandada terá que aboarlle ao demandante, unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir, a razón de 40,07 euros/día, desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, ou ata que encontrase outro emprego, se tal colocación fose anterior á sentenza e o empresario probase o percibido para o seu desconto dos salarios de tramitación. De non optar expresamente enténdese que o fai pola readmisión.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 150 euros preceptivas para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Casona Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2011.

O secretario xudicial