Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37093

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos superiores en informática, vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 28 de outubro de 2009.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de técnico superior en informática (grupo I), da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de Administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado pola Resolución do 28 de outubro de 2009 (DOG do 13 de novembro), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e de acordo co establecido nas bases da convocatoria,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 2 de decembro de 2011.

José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión
de prazas de técnicos superiores en informática vacantes no cadro de persoal laboral de Administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas
pola Resolución do 28 de outubro de 2009 (DOG do 13 de novembro)

Apelidos e nome

Puntuación

Bort Couceiro, Santiago

52,625