Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37157

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de oposicións.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, con data do 28 de novembro de 2011, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para prover a seguinte praza:

– 1 praza de oficial agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna.

A presentación de solicitudes poderá efectuarse, ben no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 28 de novembro de 2011.

Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra