Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2011 Páx. 37149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia licitación, polo procedemento aberto e anticipado de gasto, para a contratación do servizo para a reprogramación funcional, plan director H2050 e redacción do proxecto básico e de execución da fase I do Complexo Hospitalario de Ourense no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050 (cofinanciado pola Unión Europea, a través do Programa operativo Feder fondo tecnolóxico 2007-2013) (AB-SER3-12-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

2) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfonos: 881 54 27 73-881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 03 05-881 54 27 69 (cuestións técnicas).

5) Telefax: 881 54 27 62-881 54 86 11.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 2.2.2012.

d) Número do expediente: AB-SER3-12-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: reprogramación funcional, plan director H2050 e redacción do proxecto básico e de execución da fase I do Complexo Hospitalario de Ourense no marco dos proxecto Innova Saúde e Hospital 2050 (cofinanciado pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder fondo tecnológico 2007-2013).

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de entrega:

1) Enderezo: Rexistro da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio administrativo San Lázaro, s/n.

2) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: 7 meses desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 712400000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

4. Valor estimado do contrato: 677.966,10 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 677.966,10 euros. IVA (%): 18%. Importe total: 800.00,00 euros.

6. Garantías esixidas.

Provisional non se esixe.

Definitiva (%): 5% do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata o día 2.2.2012.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura dos sobre B e sobre C en actos públicos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2.ª planta.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 12.12.2011.

12. Outras informacións: poderanse obter os pregos desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2011.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos